Wednesday 24 de April de 2024

O Verán Lúdico do Concello de Touro despídese ata o próximo ano da man de Asdomare


Os nenos e nenas do Verán Lúdico de Touro despediron hoxe esta actividade ata o próximo ano da man de Asdomare, de Rilo & Penadique. O último día de agosto do 2021 rematou o Verán Lúdico, organizado polo Concello de Touro durante os meses de vacacións de verán para o lecer e a conciliación das familias. A función de Asdomare tivo lugar no parque próximo á piscina municipal, na zona de servizos de Fonte Díaz. Asdomare, protagonizado por Vero Rilo e Sonsoles Penadique, conta interesantes historias de mulleres do mar. O Verán Lúdico ofreceu durante as vacacións dos máis pequenos obradoiros lúdico-formativos e tamén xogos. Aplicou o protocolo da Covid19 recomendado polas autoridades sanitarias para este tipo de actividades.